publicidade hoxe

O rexedor de Cotobade reúnese cos novos traballadores do programa de fomento do emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Alcalde Jorge Cubela reuniuse con 18 traballadores/as contratados polo concello de Cotobade ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego e do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos municipais de Deputación Provincial.

Nesta reunión planificouse os diferentes traballos e actuacións que van a levar a cabo, estes traballadores, durante a duración do contrato (6 meses) especialmente durante os meses estivais. Estes traballadores levarán entre outros: o reforzo do servizo de recollida de lixo, o servizo de desbroce mecánico, o servizo de mantemento xeral, etc…

Por outra banda, o Concello de Cotobade acaba de recibir unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para contratación de 5 traballadores ao abeiro da Orde do 30 de maio de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga. Neste senso os traballdores deberán ser, en todo caso, persoas perceptoras de Risga cunha antigüidade mínima de seis meses e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Estes cinco traballadores levarán a cabo as labores de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS” e o importe da subvención ascende a 50.318’45 € e a duración dos contratos será de 7 meses.

28 de xullo de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.