publicidade hoxe

O pleno da Deputación de Ourense concede a Medalla de Ouro da provincia a Marcos Valcárcel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo ao historiador e xornalista Marcos Valcárcel López. O expediente de concesión da medalla ten a súa razón de ser polos méritos contraídos por Marcos Valcárcel ao longo da súa vida e da súa traxectoria profesional nos eidos da historia, a docencia e o xornalismo, así como tamén por ser un dos dinamizadores culturais máis fecundos e rigorosos de Ourense e o elo que conectou aos vellos autores da xeración Nós cos novos escritores e investigadores.

30 de xullo de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.