publicidade hoxe

O Carballiño acollerá o XXI Festival de Habaneiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

O Orfeón do Carballiño presentou a programación da XXI edición do festival de habaneiras, cita clásica no calendario estival da vila do Arenteiro. Na presentación estiveron o presidente do Orfeón, Emilio Rodríguez, xunto co director desta formación, Adrián Casas, e a edil de Educación Pilar Caride.

A celebración da presente edición será o próximo 2 de agosto, incluíndose desta forma nos actos programados dentro da semana da Festa do Polbo, e desenvolverase no auditorio da vila, a partir das 20:30 horas, con entrada gratuíta.

Tal e como sinalaba o presidente do Orfeón, este ano retómase a dinámica de 4 formacións musicais, xa que nos últimos anos tiveron que reducir o número de participantes a 3, e manteñen o programa dunha formación de fóra de Galicia e o resto agrupacións galegas.

Así nesta XCXI edición actuarán a coral Riosecana de Valladolid, a coral A Gaiteira da Coruña, o Orfeón do Carballiño e a rondalla Alfaia-Cenlle de Ourense. Cada unha destas formacións interpretarán tres temas do seu repertorio, todos eles co ritmo evocador da habaneira.

21 de xullo de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.