publicidade hoxe

Neiras celebra esta fin de semana as festas de San Salvador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas de San Salvador que terán lugar esta fin de semana en Neiras. A celebración comeza o sábado día 2 cun pasarrúas a cargo do Grupo Folclórico Aires da Poxa.

Ás 13:30 haberá misa solemne con procesión e a partir das 21:00 horas concerto da Banda de Música de Sober. Ás 20:00 horas dará comezo o baile amenizado pola Orquestra Superfama.

O día 3 a festa segue cun partido de fútbol entre solteiros e casados, ás once da mañá. Ás 13:30 haberá misa con procesión e ás 21:00 horas baile amenizado polo Grupo Asiria.

O colofón da festa será o luns, día no que haberá unha pancetada gratuíta á tardiña, a partir das 20:30 horas.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e a aqueles que se atopen de visita na localidade a participar nos festexos.

31 de xullo de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.