publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Culleredo reclama unha solución ante o risco dos fallos nos semáforos da AC-211

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo alertou á Xunta de Galicia dun grave problema de seguridade viaria na estrada autonómica AC-211, ao seu paso por Fonteculler e Acea de Ama. Varios dos semáforos que regulan a circulación da vía non funcionan desde fai 15 días, sen que se adoptou a día de hoxe ningunha solución desde a Xunta.

A área de Seguridade Cidadá emitiu un informe no que se detallan os fallos detectados nos semáforos da avenida. En concreto son 5 os que fallan, dos que 4 non están operativos en ningunha das fases lumínicas:

· Avenida de Fonteculler, no cruzamento coa rúa Rafael Alberti

· Avenida de Fonteculler, á altura da rúa Paz

· Avenida de Acea de Ama, no cruce coa rúa Ramón Cabanillas

· Avenida de Acea de Ama, no cruce coa rúa Moncho Reboiras

· Avenida de Fonteculler, no cruce coa rúa das Brañas. Neste caso son varias as luces que non funcionan.

O alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, recoñece que o Concello atópase “moi molesto”, ante a “inactividade” da Xunta para liquidar estes problemas nos semáforos. “Cando se trata da seguridade viaria nunha estrada desta intensidade de tráfico e de carácter eminentemente residencial hai que responder con urxencia”, afirma.

Ao parecer, a empresa que leva o mantemento dos semáforos entrou en concurso de acredores e non responde as chamadas de teléfono, nin aos escritos e burofax que lle envía a Xunta. Pero o Concello entende que se deben adoptar as medidas necesarias para que os semáforos poidan funcionar correctamente.

Por iso, o goberno municipal ha iniciado xestións para solicitar que si non os arranxa a Xunta de urxencia, que autorice ao Concello a reparalos. Os custos poderíanse imputar posteriormente ao aval depositado pola empresa adxudicataria.

O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, advirte das dificultades que están a ter os peóns para cruzar a AC-211, onde se estima o paso de 20.000 coches ao día, con seguridade ao carecer de semáforos. “Desde o Concello destinamos a axentes da Policía Local a apoiar aos peóns mentres non se reverte esta situación, pero necesítase unha solución inmediata”, apunta.

A central da Policía Local recibe avisos a diario dos veciños informando os problemas que teñen para travesar a avenida de Fonteculler e a de Acea de Ama. O Concello espera que a Xunta atenda está necesidade e resolva xa o problema, ou autorice ao Concello para resolvelo.

10 de xullo de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.