publicidade hoxe

As obras de reparación das marxes do río Sar en Brión estarán concluídas neste mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, está a executar as obras de reparación das marxes do río Sar en Brión. As obras que avanzan ao ritmo establecido, xa están ao 75% polo que se prevé que a finais deste mesmo mes se finalicen.

Na actualidade estase a rematar os traballos coa reconstrución do noiro do río, executando o muro de coieira. Esta actuación persegue o obxectivo de reparar os danos ocasionados no canle do río Sar na contorna da Depuradora de Bertamiráns, na parroquia dos Ánxeles, en Brión.

Tras as choivas e inundacións rexistrada durante o período invernal de 2013-2014, produciuse un desprendemento de terras significativo nunha lonxitude aproximada de 35 metros e cun ancho de 2 metros, no que resultou afectada a rede de condución de augas que quedou ao descuberto.

Así, Augas de Galicia estableceu medidas de actuación que consistiron na execución dun muro de coieira para dar continuidade ao tramo existente e que protexa ao colector no seu trazado actual.

Para reparar o colector renovouse o tramo dano, conservando o trazado actual e dando continuidade á rede existente. O importe desta actuación, asumido ao 100% por Augas de Galicia, é de case 35.000 euros.

22 de xullo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.