publicidade hoxe

A mellora do firme que o Plan Marco desenvolveu en Monterrei contou cun investimento de 50.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na visita a Monterrei

Rogelio Martínez na visita a Monterrei

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá as obras levadas a cabo no concello de Monterrei, recollidas no Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014.

O delegado desprazouse ata Monterrei, xunto con Jose Luis Suárez, alcalde da localidade, onde comprobou o resultado dos traballos que se desenvolveron en tres parroquias do municipio. En concreto, foron Vilaza, Albarellos e Flariz, onde se levaron a cabo varias actuacións de remodelación do firme de catro pistas de concentración parcelaria. A prestación económica para estas melloras foi de 49.719 euros.

Martínez recordou que “a través deste programa, a Xunta de Galicia está a investir preto de 3.600.000 euros para a realización de melloras desta índole na provincia de Ourense no período de 2014, co se que deixa patente o compromiso da administración autonómica á hora de levar a cabo os programas de actuación deseñados para o medio rural”.

Mellora de camiños

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader), dirixidas ás entidades públicas locais. As actuacións que se enmarcan neste programa teñen como finalidade que a totalidade dos municipios de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas. O obxectivo é realizar traballos de ampliación, remodelación ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de facilitar os accesos e a comunicación.

Rogelio Martínez remarcou a transcendencia da consecución deste tipo de proxectos, que “son de vital importancia á hora de acadar unha dinamización da base produtiva, co obxectivo de incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica”.

14 de xullo de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.