publicidade hoxe

A Deputación da Coruña recibe a unha vintena de mozos europeos para intercambiar experiencias sobre seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña recibiu esta mañá a un grupo de 20 mozos procedentes de Trentino e Sicilia (Italia), Londres (Reino Unido), Kirsehir (Turquía), Bucarest (Romanía) e Buarcos (Portugal) traballadores de xuventude e que participan no programa europeo Erasmus Plus.

Esta visita forma parte da iniciativa “Un camino seguro, un futuro mejor” que presentou en Europa a asociación San Pedro Terras de Xallas en colaboración co concello de Santa Comba  e que pretende concienciar os máis novos na importancia da educación viaria e fomentar a implicación da sociedade na prevención de accidentes.

O presidente da Deputación, Diego Calvo, intercambiou cos participantes ideas e proxectos sobre seguridade viaria destinados aos mozos e explicoulles as iniciativas postas en marcha polo ente provincial neste ámbito como a rede ciclista metropolitana ou a sinalización de vías prioritarias.

No ámbito da xuventude tamén explicou outro tipo de proxectos como o Aval Xóvenes, que busca a inserción laboral a través de enfoques innovadores, ou as bolsas Práxide, que favorecen a mobilidade europea, entre outros.

Xunto o presidente da Deputación estivo o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, e o presidente da asociación San Pedro Terras de Xallas, Javier Silvariño.

18 de xullo de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.