publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A D.O. Monterrei alcanza os seus máximos de crecemento en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+

Deste xeito rexistrouse un aumento de 285.000 contraetiquetas emitidas polo Consello Regulador no segundo trimestre do ano respecto dos datos de 2013, o que supón un crecemento do 60% neste período e fai prever un salto  cuantitativo nas cifras anuais de viño cualificado na  Denominación de Orixe.

O crecemento parece ser xa unha tendencia na denominación, pois ademais de mellorar as cifras respecto de exercicios anteriores, manifesta crecementos á alza entre trimestres do mesmo ano. Así, en 2014 Monterrei arrinca cun aumento das cifras de comercialización do 25% no primeiro trimestre, pasando a un 60% no segundo (todo iso respecto dos datos de 2013).

Nunha comparativa anual, a primeira metade de 2013 supuxo en Monterrei a comercialización de 913.000 botellas fronte a 1.300.000 botellas en 2014, o que supón un incremento de case 400.000 botellas.

Este é sen dúbida un dato positivo para Monterrei e evidencia unha evolución manifesta, grazas ao incremento das cotas de mercado e notoriedade de marca da D.O.

2 de xullo de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.