Últimos días para solicitar praza no campamento de verán de Vedra
O departamento de Xuventude do concello de Vedra en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia propón para a mocidade de entre 9 e 13 anos o seguinte campamento xuvenil. Do 17 ao 28 de xullo no Albergue Xuvenil “Virxe de Loreto” – Porto do Son
Requisitos para participar:
1º) Ter entre 9 e 13 anos.
2º) Figurar no padrón municipal de Vedra, polo menos cun ano de antigüidade.
3º) Non ter ningunha enfermidade que impida o desenvolvemento de actividades deportivas e/ou acuáticas.
GOZA DESTA EXPERIENCIA, CON ACTIVIDADES ACUÁTICAS, EXCURSIÓNS,… E MOITÍSIMA DIVERSIÓN!! Faino só por 175 € por persoa. Chama xa ao 981 814 691 ou escribenos a cultura@concellodevedra.com. tes ata o 30 de xuño para facelo, ou ata que se esgoten as prazas!!