publicidade hoxe

Investiranse 60.000 euros na remodelación da praza de San Antoniño en Barro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 60.000 euros nas obras de acondicionamento da praza de San Antoniño, na parroquia de Perdecanai (Barro).

A Xunta de Goberno acordou esta mañá concederlle unha subvención de 58.519,35 euros ao concello de Barro para que acometa a contratación destes traballos que afectan ao contorno inmediato da Casa do Concello.

O obxectivo das obras é harmonizar todo o contorno da Casa do Concello, creando un espazo público homoxéneo

O obxectivo das obras é harmonizar todo o contorno, mellorando a accesibilidade tanto á propia praza como aos diferentes edificios existentes nela, onde ademais da propia sede do Concello se atopa o centro escolar; así como acondicionar as zonas verdes e os viais de acceso.

Nestes momentos, o espazo da praza de San Antoniño presenta zonas asfaltadas e outras en terra. Ademais, actuarase no contorno ata a unión do espazo coa N-550, eliminando as beirarrúas deterioradas e instalando outras novas.

A parte da praza que actualmente está en terra será pavimentada e renovarase tamén o asfaltado da xa pavimentada. Así mesmo, construiranse muretes de contención e procederase á recollida de pluviais e á instalación de redes de saneamento.

Preténdese conformar así un espazo público uniforme e coherente, no que constitúe o centro municipal do Concello de Barro.

4 de xuño de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.