publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Adxudicadas as obras da depuradora de Barcala, en Negreira, por preto de 5,7 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreira
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de adxudicar a UTE-Espina y Delfin, S.L. & Obras y Viales de Galicia, S.L., as obras da primeira fase da estación depuradora de augas residuais de Barcala e dos correspondentes colectores xerais.

Estes traballos foron adxudicados por un valor de 5.749.121,79 euros e dotará ao Concello de Negreira dun servizo de saneamento adecuado co fin de eliminar as verteduras incontroladas ao río Barcala.

O proxecto prevé a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais, un tanque de tormentas previo a esta para lograr a limitación das verteduras incontroladas ao río e novos tramos de rede de saneamento unitario no núcleo urbano, na bacía de Vilarchán.

Actualmente, Negreira conta cun sistema de abastecemento que presenta unha serie de deficiencias, como infiltracións e incorporación da auga dos ríos, que provocan un excesivo caudal de circulación pola rede, a cal, por mor da falta de capacidade hidráulica e da carencia dun sistema de retención, causa o rebordamento de parte dos colectores actuais.

Características das obras

Para solucionar estas incidencias, levaranse a cabo diferentes traballos que consistirán na construción dun tanque de tormentas ao final da rede de saneamento, de 2.600 metros cúbicos, así como un colector de entrada e un colector de alivio cara o rego Duomes na desembocadura do río Barcala. Estará composto por unha cámara en liña, unha cámara de retención fóra de liña, unha cámara de desbastamento e unha de bombeo.

Ademais substituirase un colector que será o principal da bacía de Vilachán, posto que os diámetros actuais son moi pequenos, o cal ocasiona con excesiva frecuencia verteduras incontroladas aos ríos. O novo colector de PVC de 710 milímetros terá unha maior capacidade hidráulica e unha lonxitude de 1.089 metros.

Executarase unha impulsión xeral para o envío das augas residuais dende o tanque de tormentas ata a nova EDAR a través dun colector de 250 metros.

A nova estación depuradora de augas residuais siatuarase na zona de Negreira nunha parcela de 5.920 m2 e terá unha capacidade para 9.500 habitantes. O caudal máximo de tratamento será de 411,48 m3/h en todos os procesos, o punto de vertedura será o río Tambre.

A Consellería de Medio Ambiente prevé empezar as obras no último trimestre do ano, tras a redacción do proxecto construtivo.

17 de xuño de 2014 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.