publicidade hoxe

A Xunta avoga en Bergondo polo avance na persecución dos delitos relacionados cos incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, inaugurou hoxe a XIII Edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Galicia, na que avogou por avanzar na prevención e persecución dos delitos relacionadas cos incendios forestais.

Precisamente a edición deste ano está centrado nese tema: “cuestións procesuais en materia de incendios forestais” e reuniu a poñentes das diversas administracións implicadas -Fiscalía, Xunta e forzas e corpos de seguridade do Estado-, nun fiel reflexo da “necesaria e imprescindible colaboración” que debe haber entre todas para combater este tipo de delitos.

Martín explicou que vivimos un momento de importantes cambios lexislativos que fan necesaria unha formación continuada de aqueles encargados de velar polo respecto do ordenamento xurídico. A posición do Ministerio Fiscal neste sentido será fundamental para acadar unha xustiza “máis áxil, moderna e eficaz”, subliñou o director.

Nese sentido, destacou a firme aposta do Goberno galego pola modernización da Xustiza, impulsando a Nova Oficina Fiscal, e por ofrecer unha adecuada formación aos membros do Ministerio Fiscal. Este último obxectivo é o que leva a Xunta a colaborar, ano tras ano, coa súa Escola de Verán, unha cita inescusable para “a reflexión, análise e estudo dos diversos temas que en cada momento faise máis necesario acometer e afondar”.

Ademais do director xeral de Xustiza da Xunta, no acto de inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal tamén estiveron presentes o seu director, o Tenente Fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Narváez Rodríguez; o director do Centro de Estudos Xurídicos, Antonio Zárate; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, entre outras autoridades.

25 de xuño de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.