publicidade hoxe

Sober pon á venda as entradas para a XV Festa dos Avós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober vén de poñer á venda as entradas para a XV Festa dos Avós, que terá lugar o sábado 31 de maio en xornada de mañá no Pavillón do Colexio Virxe do Carme. As entradas poden adquirirse no Concello e na Casa da Cultura ata o día 28. O prezo é de 10 euros para os empadroados e 20 para os foráneos.

A xornada comezará cunha misa oficiada por todos os curas do Concello. De seguido haberá un xantar a base de empanada, polbo, carne asada con pementos, sobremesa, café e viño de Amandi. Tamén haberá unha actuación musical e baile.

Ao longo do día sortearanse máis de 100 agasallos doados por establecementos de Sober e da Comarca.

O Goberno local ofrece transporte gratuíto de ida e volta para todos interesados dende todas as parroquias do Concello.

5 de maio de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.