publicidade hoxe

O Pleno de Touro aproba o investimento de 171.000 euros para arranxo de infraestructura víaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Pleno do Concello de Touro aprobou hoxe en sesión extraordinaria o ‘Plan DTC 93: Unha Deputación para todos os concellos’, que prevé un investimento de 171.000 euros na reparación e acondicionamento de camiños no Concello. O Pleno tamén aprobou por unanimidade unha moción para rexeitar o Anteproxecto de Reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial u pronunciouse a favor do mantemento dos partidos xudiciais e a continuidade dos xulgados existentes. Tamén foi presentado o informe sobre morosidade. Según quedou de manifesto, o Concello de Touro presenta un nivel de débeda cero e o prazo medio de pago aos seus proveedores está fixado en 11,5 días.

O ‘Plan DTC 93: Unha Deputación para todos os concellos’ tivo a ‘luz verde’ do Pleno celebrado hoxe nas dependencias da sede do Concello de Touro. Obtivo o respaldo do Grupo de Goberno e a abstención dos partidos na oposición. O investimento será de 171.000 euros. Entre as obras previstas, a maioría son reparacións e arranxos de infraestructuras viarias, está o acondicionamento da subida ao Coto de Loxo, que requerirá un investimento de preto de 10.000 euros. Repararánse camiños en Toxa, Calvos, Beseño, San Cidre, Prevediños, Xondo, Pena e Mourelos, entre outros. E haberá arranxos nas sendas peonís de Xesteira e Cruceiro.

O Pleno do Concello de Touro abordou e aprobou unha moción, presentada a proposta do Colegio Provincial de Abogados de A Coruña, sobre o Anteproyecto de Reforma de la Ley Orgánica del Poder Judicial, en virtude do cal preténdese levar a cabo unha profunda transformación na organización territorial do poder xudicial. Entre outras medidas prevese a eliminación dos partidos xudiciais así como a erradicación dos Xulgados de Paz. O Pleno do Concello de Touro, co respaldo de PP, BNG e PSdeG, pronunciouse a favor do mantemento dos partidos xudiciais e a continuidade dos xulgados existentes, xa que entende que así  garántese a proximidade da xustiza ao cidadán e en condicións de igualdade.

Ante o Pleno do Concello de Touro tamén foi presentado o informe de Intervención sobre morosidade e outros. Na actualidade o Concello está ao día no pago aos seus proveedores e presenta un nivel 0 de débeda. O prazo medio de tempo de pago aos proveedores é de 11,5 días, cando a nova normativa permite ata 60 días. Según quedou patente, o Concello de Touro cumpre co principio de establidade presupuestaria, coa regra de gasto e co nivel de déveda, que neste momento é cero.

Pola súa banda tamén foron aprobados o regulamentos do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento e de verteduras á rede de saneamento do Concello de Touro.

 

7 de maio de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.