publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

En liberdade o veciño de Antas de Ulla detido por apuñalar a outro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaSucesos
A-
A+
Europa Press

O veciño de Antas de Ulla (Lugo) detido o xoves por apuñalar outro home debido a unha discusión quedou en liberdade á espera de ser citado pola autoridade xudicial para prestar declaración no Xulgado de Instrución Número 1 de Chantada.

Segundo informaron fontes xudiciais, o home que fora arrestado, J.I.M., de 59 anos de idade, quedou en liberdade en sede policial e deberá comparecer no xulgado cando sexa citado para iso polas dilixencias instruídas por un delito de lesións.

A Garda Civil detivo o xoves un veciño de Antas de Ulla, en Lugo, de 59 anos de idade, acusado de apuñalar outro home, de 68, tras manter unha discusión. O suceso aconteceu pouco despois das 11.30 horas deste xoves en Castro de Amarante.

Tras manter unha discusión, supostamente por un can do agresor que matara unhas galiñas da vítima, J.I.M. apuñalou no costado a J.Q.G., que tamén sufriu golpes na cabeza. Como consecuencia da agresión, a vítima tivo que ser trasladada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago.

O agresor, pola súa banda, foi detido pola Garda Civil e, posteriormente, trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dado que presentaba feridas leves.

2 de maio de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.