publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Clausura do obradoiro de emprego para a recuperación da ruta do Pozo do Demo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseVerínVilardevós
A-
A+
Rogelio Martínez na clausura do obradoiro en Verín

Rogelio Martínez na clausura do obradoiro en Verín

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu esta mañá o acto de clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Pozo do Demo” desenvolvido conxuntamente entre os concellos de Verín e Vilardevós e centrado na recuperación do antigo camiño que une a parroquia de Cabreiroá (Verín) co lugar da Veiga das Meás (Vilardevós), unha ruta de sendeirismo paralela ao río Quintas denominada “O Pozo do Demo”, nome que leva tamén este programa.

Neste programa mixto de formación e emprego beneficiáronse 22 desempregados como alumnas e alumnos, e outras 6 persoas que formaron parte dos equipos de xestión e docencia. No acto tamén estiveron o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas e os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Miguel Cardoso, respectivamente. A Xunta subvencionou con máis de 195.000 euros este obradoiro para intentar chegar ao obxectivo último de mellorar a empregabilidade dos seus participantes.

9 de maio de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.