publicidade hoxe

Caldas de Reis desenvolveu un curso de formación en prevención e manexo de maquinaria de xardinería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

O pasado martes o Concello de Caldas de Reis desenvolveu un curso de formación en prevención e manexo de maquinaria de xardinería para alcanzar a máxima productividade, perseguindo o obxectivo de cero accidentes.

Este curso estivo dirixido aos operarios do servizo de mantemento do concello e foi impartido de forma gratuita por a firma Motos Calvelo, S.L. distribuidor oficial das marcas STIHL e VIKING.

Os asistentes tiveron unha parte teórica nas aulas da escola taller e unha parte práctica que se impartiu no parque-xardín.

O obxectivo deste curso foi facilitar os coñecementos necesarios para traballar con seguridade, realizar os labores de mantemento diarias a cada maquina, mellorar as técnicas de traballo, coa finalidade de conseguir unha maior eficacia na súa labor diaria e promover hábitos saudables, actitudes e comportamentos seguros, a través de:

. a adopción de posturas correctas durante o desenvolvemento das tarefas.

. o uso eficaz de equipos de traballo (ferramentas e maquinaria)

. a concienciación sobre a importancia do uso de equipos de protección individual (EPI´s)

. a posta en práctica de métodos de traballo seguros

Os operarios ademais realizaron prácticas con rozadoras, motoserras, cortasetos, cortacésped, sopradores, e diferentes utensilios para apeo de árbores.

30 de maio de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.