publicidade hoxe

As empresas do Morrazo entregan os premios para as “Mamás Superstar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

Esta semana foi entregado o segundo premio da campaña “Primavera en Familia” posta en marcha polas empresas de Bueu, Cangas e Moaña asociadas a FECIMO, esta vez adicado a unha mamá.

Foron recollidos miles de boletos que os clientes depositaron nas furnas dos establecementos participantes nos que fixeron algunha compra esta nova tempada primaveral.

O martes día 6 de maio, como informaban as bases da promoción, procedeuse ao sorteo nas instalacións da federación en Cangas, no cal participaron algúns comerciantes como mans inocentes.

O boleto gañador, escollido de forma aleatoria entre todas as participacións, resultou ser o de Ana Isabel Vidal Moledo, participante en Vicky Moda Infantil, un establecemento de Moaña.

No día de onte a premiada recolleu o premio en compañía da súa familia e fotografiouse coa responsable de Vicky Moda Infantil, quen lle repartira a sorte.

Ana Isabel amosouse moi ilusionada co premio que consiste nun servizo de perruquería e estética por valor de 75 euros e unha sesión de fotos en familia por valor de 175 euros que poderá compartir coas súas fillas.

Poderá canxear o seu vale nos establecementos que ela escolla dentro das empresas asociadas a FECIMO, en calquera das tres localidades.

FECIMO agradece a gran cantidade de boletos recibidos que amosan unha moi boa acollida da campaña “Primavera en Familia” por parte dos veciños que seguen apostando polas compras no comercio de confianza.

Concurso fotográfico en Facebook

Con motivo da promoción “Mamá Superestar!” FECIMO realizou tamén un concurso fotográfico na páxina de facebook “Vive O Morrazo” con todas aquelas persoas que quixeron posar nun divertido photocall.

As fotos gañadoras foron as que recibiron máis “me gusta” por parte dos usuarios da páxina, contabilizados ata o día 6 de maio. Houbo tres premios de 50€ en cheques-compra, un por localidade (Bueu, Cangas, Moaña). O premio poderá canxearse en calquer establecemento asociado á federación.

Velaquí os gañadores:

• Cangas: Raúl, Diana e Isis cunha foto moi familiar, recibiron 255 “me gusta”

• Bueu: Natalia e Iago conseguiron nada máis e nada menos que 575 “me gustas”

• Moaña: Xosé e Borja, avó e neto mandándolle unha mensaxe a mamá, recibiron 82 “me gusta”

9 de maio de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.