publicidade hoxe

A iniciativa “Dálle luz á túa factura” chega aos consumidores de Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá mañá xoves, 22 de maio, unha xornada informativa en Ortigueira, en colaboración co Concello, para achegar aos consumidores e usuarios o programa Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis comprensible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

No encontro, que se celebrará a partir das 17 horas no Centro Social de San Roque, na rúa Príncipe, presentarase o simulador eléctrico, unha aplicación dispoñible na web igc.xunta.es que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta segmenta, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.

Os asistentes poderán consultar as súas dúbidas a respecto da factura eléctrica e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución as súas reclamacións. Ademais, recibirán consellos sobre como reducir o consumo de enerxía no fogar.

21 de maio de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.