publicidade hoxe

O espectáculo teatral “Osiño” chega ao Auditorio do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

Teatro Trompicallo representa a obra “Osiño” o sábado 26 de abril, ás 18.00 h. no Auditorio do Carballiño. O prezo da entrada será de 3,50 €

Destinatarios: público infantil e familiar a partir dos 3 anos

Sinopse: a vida dun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un osos debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao abó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un anaco de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos e seu cumpreanos.

23 de abril de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.