publicidade hoxe

O Concello de Sober programa un bacheo xeral e a limpeza de cunetas das estradas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anuncia que o Goberno local programa un bacheo xeral e a limpeza de cunetas con cargo a fondos do Concello en todas as estradas de titularidade municipal. Actualmente atópanse en execución as obras de rexeneración de diversos camiños municipais con un orzamento próximo aos 90.000 euros, financiadas nun 80% polo AGADER a través dun plan de mellora da camiños rurais.

As obras en marcha comprenden os accesos a Gundivós o Vello, Sas e Santadrao en Gundivós, o camiño de Mer ata A Carqueixa, os accesos ao apeadeiro de Areas dende Outeiro en Rosende, o camiño lateral do Campo de San Miguel, os accesos a Sampil en Pinol, os accesos a As Lumieiras e Casas Grandes en Millán, varios camiños en Naz, os accesos á Fonte de San Martiño de Arroxo, así como os accesos ao cemiterio de Sober dende Vilela.

Actuación da CHMS

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está limpando estes días varios tramos de ríos en Sober. A actuación máis importante estase a levar a cabo na parroquia de Neiras. Na capitalidade municipal a CHMS acometeu a limpeza do Regato dos Eireos, no que non se facía unha actuación similar desde hai corenta anos.

O Concello de Sober ten previsto ademais presentar ao Leader un proxecto para construír unha área de lecer no entorno do Regato dos Eireos que baña a capitalidade municipal.

22 de abril de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.