publicidade hoxe

O ARTFEST Baixo Minho confirma as súas primeiras estrelas de cartel con Sexy Sadie, David Fonseca ou Varry Brava, entre outros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaCalendario
A-
A+

cartel-artfest-a-guardaA vila da Guarda,  que conta cunha situación estratéxica, a hora e media de Porto e a unha hora de Vigo, será o escenario do ARTFEST Baixo Minho. Un evento ao aire libre no antigo estadio da Tecla con máis de 10 horas de música en directo sen interrupción   e un recinto de 10.000 m2 con aforamento para 5900 persoas. Celebrarase o próximo 26 de xullo de 2014.

En realidade, esta non é a primeira vez que se celebra este festival. O ano pasado celebrouse a primeira edición do ART FEST, unha edición de entrada gratuíta que conseguiu congregar a máis dun milleiro de persoas na emblemática Praza do Reló da Guarda, e que contaba cun cartel formado polos Indomables, The Loopholes, Fiddle Loop e Heissel.

ARTFEST Baixo Minho 2014 vai máis aló. Un festival que busca ser un referente. Un antes e  un despois na historia da Guarda e de todo o Baixo Miño.

Por agora, anúncianse unha primeira quenda de artistas confirmados:

Sexy Sadie é un grupo de pop-rock que se formou a principios dos 90 e que se disolveron en 2006, tras deixar ao seu paso seis fantásticos discos. Certo é que en 2011 realizaron unha xira especial na que tocaron por diversos festivais, pero é no ART FEST Baixo Minho onde tocará un dos grupos máis importantes que deu o indie nacional. A súa traxectoria como grupo é ademais una das máis lonxevas dentro dunha escena especialista en fagocitar grupos de música a unha velocidade de vertixe. O seu foi un longo percorrido vital coherente co que se supón que deber ser un grupo alternativo.

David Fonseca é un dos máis carismáticos artistas do panorama musical actual de Portugal. En 2003, inicia a súa actividade en solitario tras a disolución de Silence 4. Até a data leva publicados catro álbums. As súas composicións ocuparon postos de cabeceira no Top Nacional de Airplay e MTV, ademais de recibir o premio “Pop-Eye Artista Revelación Europeo”. Festival Sueste, Colieseus de Lisboa e Porto, Festival South By Southwest (Austin); cun directo memorable que cultivou éxitos e ondas de boas críticas, a súa actuación no ARTFEST’14 presentará un espectáculo especial e unha produción pensada ao detalle.

A aposta ecléctica dos murcianos Varry Brava arrasa co seu contundente, enérxico, divertido e demoledor directo que os levou ás principais salas e festivais nacionais. Pop de abelorios e bailable de influencia ochentera e fosforita con influencias que van da nova onda española a Duran Duran, sempre cun marcado e irresistible acento funk. Un estilo que lles levou ao colgar o cartel de cheo nos escenarios da metade dos festivais do panorama musical estival en España. Este ano chegan ao ARTFEST’14 con traxes de cores, lentes de sol, un glamuroso punto new romantic e actitude punk.

A banda guardesa THE PRETTY SHIRTS nace coa única idea de crear Rock & Roll cru e directo co afán de percorrer canto escenario se poña por diante. THE PRETTY SHIRTS é hoxe unha banda renovada, con sangue novo e desbordante de novos proxectos. Un son madurado durante dous anos a base de ensaios e concertos por Galicia e Portugal, ademais do seu primeiro EP de intenso rock&roll e garage rock.

Traffic House é un grupo de Produtores e DJ’s de música electrónica formado por Sete Sousa e Trillo. Desde idílicas festas en veleiros a salas coreando os himnos deste dueto. Unha combinación perfecta de dous apaixonados da música de baile coñecedores do segredo para sacar todo o mollo á música Dance/Electrónica coa que reúnen a miles de persoas baixa a mesma carpa alá onde van. Quen mellor que este grupo para pór o broche de ouro á edición 2014 do ARTFEST!

A dj e produtora Marta Fierro é EME DJ, galega errante que deambula felizmente entre o indie e a electrónica de club. Escollida “Mellor dj do ano” en diferentes ocasións e no ranking dos 10 mellores djs nacionais, é unha artista en constante e autodidacta evolución. Entre os seus compañeiros de escenario atopamos nomes como David Guetta ou Felix da Housecat e a súa presenza é habitual en festivais nacionais e internacionais como o Sónar, FIB Benicassim, MTV Day ou MTV European Music Awards entre moitos outros, aos que este ano se suma esta segunda edición do ARTFEST’14.

E aínda falta a última confirmación para completar o cartel dun festival dunha calidade extrema, nun sitio tan paradisíaco como é A Guarda. Estamos seguros que o 26 de Xullo será unha data sinalada para todos os amantes da boa música, e seguro que difícil de esquecer.

O prezo das entradas é o seguinte:

– Entrada anticipada 15 euros. Pódese comprar en Ticketea e centros colaboradores que a organización irá comunicando a través da súa páxina web e redes sociais.

– Entrada en despacho de billetes 20 euros. Poderanse adquirir o mesmo día do festival en despacho de billetes.

Contarase con servizo de autobuses con regularidade que farán o traxecto Vigo-A Guarda.

16 de abril de 2014 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.