publicidade hoxe

Nova edición do Xantar Soidario de Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Co obxectivo de recadar fondos para os Servizos Sociais de Cabanas e para a Cociña Económica de Ferrol, o Concello a través do seu departamento de Servizos Sociais ten previsto levar a cabo unha nova edición do seu xantar soidario. A data escollida para levar a cabo este acto será o próximo domingo día 6 de abril. Esta terceira edición terá lugar, ó igual que o ano pasado, no local social da S.C.R.D. San Mamede de Laraxe a partir das 14:00 horas. Posteriormente, as 17:30 horas e no mesmo lugar, procederase a celebración do tradicional baile do farolillo.

Logo do éxito acadado nas edicións anteriores, nas que se logrou xuntar a máis de duascentas persoas, dende o Concello de Cabanas agárdase novamente unha resposta positiva por parte dos veciños e veciñas do municipio. Desta forma o obxectivo a perseguir nesta nova edición é o de conseguir canto menos repetir o número de asistentes do ano pasado.

Con esta actividade, o Concello de Cabanas busca unha forma de conseguir fondos que sirvan para axudar ós máis necesitados, nun momento no que a crise está afectando especialmente á comarca. Desta forma, con esta actividade lúdica pretendese aproveitar un momento de lecer, que sirva tamén para desconectar dos problemas diarios, é o mesmo tempo sirva para poder botar unha man. Así será que parte da recadación acadada por medio do xantar destinarase á Cociña Económica de Ferrol, mentres que outra parte pasará a formar parte do fondo de emerxencias sociais do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabanas. Así mesmo tamén se procederá a recollida de alimentos non perecedoiros que se desexen doar para o fondo municipal.

Aquelas persoas que estivesen interesados en participar no xantar, terán de prazo ata o vindeiro día 3 de abril para formalizar a súa inscrición. O prezo do cuberto será de 17 euros podendo mercarse as entradas nos locais sociais das diferentes asociacións que colaboran como son a S.C.R.D O Loureiro de Lavandeira, a A.D.C. Poceira Sport, o C.C.R.D. San Martín de Porto, a A.VV. Santa Cruz do Salto e por suposto a S.C.R.D. San Mamede de Laraxe, que ademais cederá o espazo para a celebración deste acto.

Neste acto, o Concello de Cabanas contará tamén coa colaboración de Catering Ferrolterra, así como de diversos veciños que tamén aportarán o seu traballo de forma desinteresada para poder levar a bo porto esta actividade e sen os que non sería posible este xantar soidario.

1 de abril de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.