publicidade hoxe

Mariñas – Betanzos inicia o prazo para optar aos 1,9 millóns de fondos LEADER

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondo
A-
A+

O Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” actúa como entidade de xestión do Programa LEADER 2007-2013, sendo o seu ámbito de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Paderne, Oleiros, Oza- Cesuras e Sada.

O pasado luns, 31 de marzo, tense reunido a Xunta Directiva de Mariñas – Betanzos sendo un dos acrdos a aprobación da apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda do Programa LEADER para as anualidades 2014-2015. O presidente do GDR Mariñas – Betanzos, José Antonio Santiso, quere “animar” a todos os emprendedores e empresariado do territorio, con algunha idea de negocio, a que se informen na súa sede sita en Abegondo (San Marcos, s/n – Edificio Antiga Cámara Agraria 1ª planta) sobre os requisitos e procedemento destas axudas, das que está aberta a convocatoria ata o día 31 de marzo de 2015.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) outorgou ao GDR Mariñas- Betanzos fondos por importe de 1.919.146,44 euros para as dúas anualidades 2014 e 2015 (862.260,91 euros para a anualidade 2014 e 1.056.885,53 euros para a anualidade 2015).

O importe dispoñible para esta convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolución de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

Entre as novidades para estes dous anos destacar que se limita a axuda para proxectos produtivos a 40.000 euros e para os proxectos non produtivos a 140.000 euros.

2 de abril de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.