publicidade hoxe

Localizan o cadáver dun home flotando no río Sarela, en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

O corpo dun home novo foi localizado este martes no río Sarela en Santiago de Compostela, de onde foi recuperado por efectivos do corpo de bombeiros.

Segundo informaron fontes policiais, ás 9,55 horas recibiuse o aviso de que había unha persoa falecida no leito do río na zona de Vista Alegre, na capital galega.

Ao lugar, na zona de Camiño de Lermo, desprazáronse axentes da Policía Científica, así como unha comitiva xudicial e efectivos dos Bombeiros de Santiago.

Fontes dos bombeiros sinalaron que acudiron cun vehículo autobomba e cinco efectivos e unicamente empregaron unha padiola para recuperar o corpo do home, que estaba boca abaixo no medio do río, a uns dous metros da beira.

A Policía Nacional indicou que, tras ordenar o xuíz o levantamento do cadáver, faráselle a autopsia ao corpo para determinar a causa da morte.

15 de abril de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.