publicidade hoxe

II Trofeo de natación sincronizada de Oleiros o próximo domingo 27 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOleiros
A-
A+

Oleiros celebra o vindeiro domingo 27 de abril o seu II Trofeo de natación sincronizada. O Concello contará para a organización coa colaboración do Club Acuatic Oleiros. Esta importante competición a nivel autonómico levarase a cabo na piscina do Inef Galicia e participarán 8 clubs galegos e un total de 357 nadadoras. Os equipos de Sincro Rias Baixas, CNS Pontevedra, Sincro Ferrol, Aguamarina Sincro, CN Coruña e Club Acuatic Oleiros competirán polos trofeos.

O trofeo estará dividido en dúas xornadas. Na xornada de mañá, de 10.00 a 13:30 horas, competirán as categorías de escola, nadadoras de iniciación, ao seu remate terá lugar a entrega de medallas ás primeiras clasificadas e o trofeo á mellor escola. Xa pola tarde de 16.00 a 20.30 horas, competirán nadadoras de categoría base, nadadoras que teñen superado algunha proba de nivel correspondente á súa categoría. Ao remate da xornada terá lugar a entrega de medallas e trofeos.

23 de abril de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.