publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Festa dos maiores en Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPaderne
A-
A+

Unha nova edición da Festa dos Maiores de Paderne vai a ter lugar neste vindeiro mes de abril. Así o sábado 26, o polideportivo municipal vaise a engalanar para realizar este importante acto de homenaxe a tódolos maiores do Concello que, a partires das 13:00 horas, van a ter toda unha xornada de festa e celebración dedicada a eles.

Van a poder acudir tódalas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 e as súas parellas sempre que estean empadroados no Concello.

Como xa é habitual, contarase cun autobús para recoller ós asistentes que non poidan desprazarse polos seu medios ata o lugar da celebración ou que non desexen utilizar os seus vehículos.

O programa de actos abrirase co saúda do Alcalde seguido da Misa de Campaña e a tradicional felicitación ós maiores de cada parroquia para, de seguido, continuar coa comida todos xuntos.

O custo por persoa é de 15 € e os interesados en participar neste día tan especial poden chamar ás oficinas municipais ata o día 23 de abril.

4 de abril de 2014 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.