publicidade hoxe

A Secretaria Xeral de Igualdade visita o Fogar Dona Basilisa de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal Portada
A-
A+
Susana López Abella na visita ao Fogar Dona Basilisa

Susana López Abella na visita ao Fogar Dona Basilisa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo Piñeiro, visitaron o Fogar Dona Basilisa, ubicado no concello de Carballo.

O Fogar Dona Basilisa, pertencente a Cáritas Interparroquial de Bergantiños, pretende converterse nun recurso de acollida para mulleres en situación de exclusión social e, ante a necesidade que na comarca exista este tipo de centro de acollida, tanto a secretaria xeral como a delegada valoraron positivamente esta visita realizada ao Fogar para coñecer de primeira man o centro e recibir por parte dos responsables de Cáritas toda a información sobre o tipo de recursos e o perfil das mulleres beneficiarias do mesmo.

López Abella informoulles de que existe unha orde de subvencións destinada ás entidades de iniciativa social para mulleres e os seus fillos e fillas que se atopen en risco de exclusión social.

22 de abril de 2014 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.