publicidade hoxe

A Carraca histórica da Catedral de Santiago soará de novo o Venres e o Sábado Santo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Durante os próximos días 18 e 19 de abril, Venres Santo e Sábado Santo, o son das campás da Catedral de Santiago será substituído un ano máis pola Carraca, instrumento de percusión que se atopa aloxado na torre norte da fachada do Obradoiro.

Segundo informou a Catedral de Santiago, o feito de que a torre se atope en pleno proceso de restauración non impedirá que este ano, como é tradicional nos últimos anos, a Carraca substitúa ao son das campás durante eses dous días.

A Carraca ten forma de aspa ou cruz de San Andrés e acciónase manualmente mediante unha manivela. O actual instrumento é unha réplica da vella Carraca, que foi construída en 2010 polo Consorcio de Santiago, ano no que se retomou o seu uso. O antigo aparello foi restaurado e pode verse no Museo da Catedral.

As carracas son instrumentos de percusión que tradicionalmente se facían soar nas celebracións de Semana Santa, como substitución das campás, como símbolo de duelo pola morte de Cristo. En total, a Carraca da Catedral soará eses días en cinco ocasións.

15 de abril de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.