publicidade hoxe

Sober promove un curso de iniciación á cata de viños cos caldos da Ribeira Sacra como protagonistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober promove un curso de iniciación á cata de viños que terá lugar o 26, 27 e 28 de marzo e que estará centrado nos viños da Ribeira Sacra da zona de Amandi. A actividade enmárcase nos actos programados dentro do Mes do Amandi, a antesala da XXXIV Feira do Viño de Amandi que terá lugar os días 12 e 13 de abril.

A actividade será impartida pola doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Mariana González Álvarez e terá un custo de 20 euros por persoa. O curso desenvolverase na Casa de Sober en horario de tarde, entre as 20:00 e as 22:00 horas.

Destinatarios

O curso está dirixido á poboación en xeral que teña interese no mundo do viño, sendo O obxectivo o de iniciar aos asistentes nas habilidades básicas da cata de viños. Así, explicaranse os diferentes tipos de cata, xa sexa en función dos diferentes viños que se degusten, ou ben en función do obxectivo que se pretende conseguir coa cata (afectiva, discriminatoria e descritiva); así como en qué condicións se debe levar unha cata, tanto atendendo á propia sala de cata, como ás mostras de viño e con especial atención ás condicións que deben cumprir os catadores.

Posteriormente explicaranse con detalle as fases da cata (visual, olfactiva, gustativa e global), tendo en conta os termos do vocabulario comunmente empregado para describir as calidades de los vinos. Tamén se explicarán os diferentes defectos que se poden encontrar nos viños, distinguindo entre se proceden da propia uva, do proceso de viñificación ou ben dunha mala conservación.

Formación práctica

A teoría complementarase cunha parte práctica cada día, na que os asistentes poderán ver as súas aptitudes para a cata nunha fase de adestramento baseada no recoñecemento de olores e finalmente con catas de viños reais, principalmente viños tintos elaborados con uvas Mencía das bodegas da zona de Amandi.

Os interesados en anotarse ou en obter máis información poden poñerse en contacto con Eidotec no número de teléfono 982.410.147 ou a través do e-mail info@ediotec.com.

Eidotec

EIDOTEC é unha oficina técnico agrícola de Monforte, nova e emprendedora, na que traballan para dar solucións a empresas, profesionais e particulares. Entre os servizos que ofrece a firma destacan a elaboración de proxectos e dirección de obra, informes periciais, certificación enerxética, catastro, medición e valoración de fincas ou estudos de impacto ambiental. Tamén se dedican á asesoría e xestión de subvenciones, así como a impartir cursos de formación específica en diversos sectores.

13 de marzo de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.