publicidade hoxe

Frades conmemorará con actividades para alumnos de infantil, primaria e secundaria o Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades conmemorará o Día da Muller cunha serie de actividades dirixidas aos nenos e nenas de infantil, de primaria e de secundaria do CPI Ponte Carreira que terán lugar durante a mañá do vindeiro martes 11 de marzo. Unhas actividades organizadas polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación da Coruña e o CPI Ponte Carreira.

Cada unha das tres actividades programadas está pensada especialmente para un grupo de idade. Así, os nenos e nenas de Educación Infantil participarán ás 10:45 horas nunha representación teatral denominada “As cores”. Unha hora máis tarde, ás 11:45 horas, os alumnos e alumnas de Educación Primaria participarán nunha “Xincana pola igualdade”. Finalmente, ás 13:35 horas os alumnos e alumnas de Secundaria asistirán á charla “A muller na historia”.

6 de marzo de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.