publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras da EDAR de Portomouro no Val do Dubra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

A compañía Espiña Obras Hidráulicas iniciou os traballos para a construción da Estación Depuradora de Augas Residuais de Portomouro. A nova infraestuctura, que requirirá un investimento de preto dun millón de euros, conta con fondos FEDER cofinanciados con fondos propios da Xunta obtidos a través do canon da auga. O solar onde estará situado a EDAR, achegado polo Concello de Val do Dubra, está a beiras do Tambre, na localidade de Xermán, en Portomouro. Os traballos de ingenería para desenvolver o proxecto xa son visibles desde hai unhas semanas. O solar onde se situará a EDAR está delimitado e xa comezaron as obras. Esta actuación está prevista no programa de medidas do Plan Hidrológico Galicia–Costa, e suporá a eliminación da contaminación que chega ao río Tambre. O proxecto deberá estar finalizado nun prazo de 22 meses.

A mellora no servizo de saneamento dotará os núcleos de Xermán, Portomouro e A Igrexa dunha nova rede separativa de augas residuais, que conectará coa existente e conducirá as augas á nova EDAR co obxectivo de evitar as verteduras directas aos ríos Dubra e Tambre. O proxecto de saneamento inclúe a instalación duns novos colectores por ambas as marxes da travesía de Portomouro. No resto do trazado disporanse polo eixo da calzada. Tamén será preciso executar dous bombeos na nova rede, un para recoller as augas residuais do colexio, que actualmente verten ao río Dubra, e outro na rúa Rueiro para recoller as residuais da zona sur do núcleo de Portomouro.

A nova depuradora constará dunha liña de tratamento con funcións de pretratamiento, decantador-digestor primario con depósito de flotantes e decantador-digestor secundario con recirculación. O proxecto tamén abarca actuacións sobre a rede existente.

1 de marzo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.