publicidade hoxe

A restauración da cuberta do Santuario de Cadeiras, en Sober, alcanzará un investimento de 198.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSober
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o Santuario da Virxe de Cadeiras, en Sober, provincia de Lugo, para anunciar que o seu departamento investirá 198.000 euros na restauración da cuberta do templo.

O proxecto de restauración da cuberta do templo, que foi encargado e financiado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, prevé unha construción dunha estrutura tradicional de madeira e a instalación dunha cubrición de tella, respectando a actuación provisional feita fai anos para a posta en uso do edificio.

As obras de restauración licitaranse proximamente e se prevé que podan comezar este verán, cando a climatoloxía permita a súa execución. Na visita tamén estivo a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua, e a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias.

Templo barroco

O Santuario de Cadeiras é un edificio de estilo barroco do século XVIII, que non foi rematado, posto que non se construíron parte das naves laterais e una das torres-campanario da fachada principal. Esta situación engádelle un compoñente peculiar á edificación, pois presenta elementos construtivos insinuados e iniciados, pero carentes de resolución definitiva final e adecuada. Estes aspectos son especialmente relevantes nos encontros da fachada oeste.

21 de marzo de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.