publicidade hoxe

A Asociación Galega de Apicultura inaugura o seu programa de formación en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura inaugura o seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo, coa celebración do Curso de Iniciación á Apicultura os días 4, 5 e 6 de abril no Xardín Botánico de O Burgo.

O programa de formación de AGA consta duna ampla oferta de cursos de iniciación e especialización que se impartirán por toda Galicia durante esta primavera. Os obxectivos principais desta formación son a incorporación de novos abelleiros e abelleiras e a elaboración, diversificación e comercialización de produtos innovadores.

Os cursos de iniciación, como o que se impartirá en Culleredo, van dirixidos ás persoas que se queren incorporar ó sector apícola. É significativo nos últimos tempos o aumento do interese na apicultura por parte de xente nova que ven nesta actividade, ademais dunha forma de contribuír a manter e mellorar a riqueza do noso medio ambiente, unha importante alternativa de incorporación ao mercado laboral.

CURSOS DE INICIACIÓN Á APICULTURA

4, 5 e 6 de abril.

Xardín Botánico de O Burgo. Avda. Xoan Carlos I, s/n

O Burgo – Culleredo (A Coruña)

Duración: 12 horas (3 días)

Horarios: 1º día de 18 a 21 / 2º día de 11 a 14 e de 16 a 19 / 3º Día: de 10 a 14 (Visitas a apiarios).

Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as

31 de marzo de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.