publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rogelio Martínez recepciona as obras realizadas polos concellos de Muíños e Bande con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeMuíñosOurense
A-
A+
Rogelio Martínez en Muíños

Rogelio Martínez en Muíños

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, achegouse ata a localidade ourensá de Muíños para recepcionar os proxectos que este municipio executou conxuntamente co de Bande ao abeiro da orde do13 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria de subvencións e os criterios de repartición do Fondo de Compensación Ambiental, dentro da liña de natureza competitiva. As actuacións levadas a cabo executáronse co obxectivo de protexer o ambiente e o espazo natural, ante a existencia de numerosos vertedoiros incontrolados que o deterioran.

Os 70.000 euros recibidos polos concellos de Muíños e Bande investíronse na instalación dun punto para almacenamento de residuos da construción e demolición e na creación dunha brigada medioambiental.

Os rexedores de Muíños, Plácido Álvarez, e Bande, José Antonio Armada, defenderon a creación do punto para almacenamento temporal de residuos para salvagardar o espazo natural do encoro das Conchas que ámbolos dous municipios comparten e que inclúe o complexo turístico deportivo de O Corgo (en Muíños) e o campamento romano e o centro de interpretación “Aquis Querquennis” (en Bande).

Canto a brigada medio ambiental, levará a cabo labores de recollida de residuos nas áreas recreativas, xardíns e espazos naturais compartidos, e supón a contratación de tres traballadores -dous peóns e un enxeñeiro especializado- durante dous meses.

Unha vez realizada satisfactoriamente a comprobación material do investimento procedeuse ao acto administrativo de recepción da obra, no que Rogelio Martínez e os alcaldes destas localidades ourensás asinaron a acta de conformidade.

Fondo Compensación Ambiental

Os Fondos de Compensación Ambiental teñen dúas liñas: a non competitiva que atinxe aos concellos que soportan instalacións eólicas ou liñas de evacuación; e a liña competitiva, á que pertence as obras de Muíños e Bande. Este ano, na provincia ourensá foron un total de 40 entidades locais beneficiadas que recibiron 1.135.000 euros a cargo destas subvencións.

O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha hai catro anos polo Goberno galego e ten permitido que os concellos se beneficien por primeira vez das explotacións eólicas que hai en Galicia. Cada ano, este fondo reparte un importante montante que axuda ás arcas municipais, favorece a conservación do medio ambiente e aposta polo reequilibrio territorial, ao estar destinado especialmente aos concellos máis pequenos e do interior de Galicia.

26 de febreiro de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.