publicidade hoxe

Unha chocolatada clausura o Concilia Nadal en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+
Participantes no Concilia Nadal

Participantes no Concilia Nadal

Onte rematou o Concilia Nadal en Dodro cunha pequena festa organizada para eles con chocolate incluído.

O xoves pola maña, os/as nenos/as do concilia nadal visitaron aos maiores do Centro de Día de Dodro. Despois de realizar unha visita polas instalacións guiados por unha usuaria do centro, os pequenos deleitaron aos maiores con tres villancicos que prepararan nos talleres e entregáronlles a cada un deles un agasallo tamén realizado por eles nos talleres.

Os/as nenos/as tamén recibiron dos maiores un agasallo elaborado por eles.

4 de xaneiro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.