publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Oito concellos da Costa da Morte crearán unha programación conxunta de carreiras populares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCamariñasCarnotaCeeCorcubiónDeportesFisterraMuxíaVimianzoZas
A-
A+

Oito concellos da Costa da Morte -Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas- únense para elaborar unha programación conxunta de carreiras populares, que leva por nome Correndo pola Costa da Morte.

A unión dos concellos neste tipo de iniciativas favorece o éxito de participación nos eventos, ao tempo que favorece as relacións veciñais entre os habitantes dos concellos da Costa da Morte. Do mesmo xeito, con este tipo de competicións deportivas tan en auxe nos últimos tempos favorécese tamén a promoción turística dos concellos e son un impulso económico para o sector gastronómico das diferentes vilas nas que se levan a cabo. O circuíto de carreiras pedestres Correndo pola Costa da Morte presentarase o vindeiro mércores día 29 de xaneiro ás 11.30 horas na Casa de Pedra de Camariñas. 

27 de xaneiro de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.