publicidade hoxe

Forcarei súmase á campaña “Mira que te miren”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+

O Salón de Actos do Concello de Forcarei acollerá o vindeiro venres 31 de xaneiro, ás 18.30 h., unha charla informativa “Mira que te miren”.

A sesión estará dirixida a peatóns co propósito de promover o uso do chaleco reflectante e así evitar posibles atropelos.

A charla será impartida por axentes da Garda Civil de Tráfico de Lalín e, ao remate, faráselle entrega aos asistentes dun chaleco reflectante.

28 de xaneiro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.