publicidade hoxe

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía en Dumbría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDumbríaSucesos
A-
A+
E.P.

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico debido a unha saída de vía rexistrada na mañá deste mércores no termo municipal de Dumbría (A Coruña).

Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 8.40 horas na estrada de Mazaricos a Dumbría, á altura de Ponte Olveira.

Foron mobilizados Protección Civil, a Guardia Civil de Tráfico e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou a un home ferido ao Hospital Virxe da Xunqueira, segundo indicaron fontes sanitarias.

18 de decembro de 2013 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.