publicidade hoxe

Os cidadáns poderán colaborar coa restauración do Santuario da Virxe da Barca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMuxía
A-
A+
E.P.

Os cidadáns que o desexen poderán colaborar coa restauración do Santuario da Virxe da Barca, destruído por un incendio o día de Nadal, a través de achegas solidarias nas contas bancarias que acaban de habilitarse.

Así o informou este venres o alcalde de Muxía, Félix Porto, tras a reunión do Comité de Emerxencia creado tras o incendio do santuario, conformado polo concello, o párroco, Protección Civil e a Confraría de Pescadores da localidade.

Félix Porto lembrou que, a pesar de que o santuario foi destruído por completo polas chamas, a imaxe da Virxe dá Barca “está a salvo” e non sufriu danos.

Así mesmo, reiterou que, segundo confirmoulle a Garda Civil por mor da súa investigación, a causa do incendio producido na madrugada do día de Nadal foi “un raio” que afectou á instalación eléctrica da igrexa, que data de 1993.

O santuario, explicou Félix Porto, conta cun seguro que achegaría 500.000 euros á restauración do templo. Así mesmo, mostrou a súa “plena confianza” no “compromiso” adquirido este xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asegurou que arranxaría o templo “custe o que custe”.

O rexedor de Muxía explicou que nos últimos días recibíronse nas instalacións do concello numerosas chamadas e correos electrónicos ofrecendo axuda económica para a restauración. Por esem otivo, habilitáronse dúas contas bancarias para que quen o desexe poida facer achegas.

Ademais da restauración do propio edificio, Félix Porto expresou a súa intención de que o templo se revalorice” con obras de artistas coñecidos.

27 de decembro de 2013 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.