publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Mina Sonia de Mañón conmemora o seu 50 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMañón
A-
A+
Conde no acto de celebración do 50 aniversario do xacemento

Conde no acto de celebración do 50 aniversario do xacemento

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a Mina Sonia, durante os actos de celebración do 50º aniversario do xacemento, como “exemplo de transformación dunha mina do século XX nunha mina do século XXI”. “Galicia ven de amosar na ría de O Barqueiro un compromiso entre natureza e progreso que debe guiar o noso futuro mineiro”, dixo Conde, que resaltou que esta explotación de cuarzo “é un exemplo de como un proxecto comprometido co medio ambiente e co seu entorno social pode aproveitar a riqueza da minaría nun entorno especialmente sensible como este”.

Resaltou neste senso o papel xogado por Cuarzos Industriales, do Grupo Ferroatlántica, na xestión do mineral, que foi clave na consecución dunha mina “moderna, segura, e socialmente responsable” cunha fonda dimensión medioambiental, simbolizada polas ducias de especies de flores e plantas que colonizan as partes xa explotadas da mina.

Conde resaltou a explotación de O Barqueiro como mistura de emprendemento, internacionalización e talento galego, unha fórmula que se puxo en marcha no seu mesmo nacemento: fai cincuenta anos un investidor polaco, Karol Colonna, aliouse cun emprendedor galego, Ramiro Muñiz, e co mellor do talento xeolóxico galego, Isidro Parga Pondal, para poñer en marcha a iniciativa.

“Unha fórmula gañadora, como amosa que, medio século despois o cuarzo do norte galego estea chegando a Canadá ou Noruega. Ese e o selo dun traballo ben feito, o selo da calidade de Galicia”, resaltou o conselleiro, que apostou por impulsar en Galicia o aproveitamento dos recursos mineiros como unha importante fonte de riqueza dos galegos, sempre que o proxecto cumpra os requisitos medioambientais, económicos, técnicos e dos proxectos industriais esixidos.

“Unha minaría responsable, sostible e creadora de valor, capacitada para xerar crecemento e acadar unha economía verde para Galicia”, sinalou Conde, que lembrou que o sector xera 7.000 postos de traballo e supón un 1,2% do PIB galego. “Unha industria, polo tanto, estratéxica para Galicia e para o seu desenvolvemento económico e social”, concluíu.

13 de decembro de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.