publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vilasantar adquirirá unha máquina rozadoira con 20.000 euros financiados pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaVilasantar
A-
A+
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá na sede da institución provincial un convenio de colaboración co alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez Fernández, para financiar a adquisición dunha máquina rozadoira para este municipio.

A achega provincial que se recolle no acordo e que foi aprobada no último Pleno da Deputación ascende a 20.000 euros, o que supón o 80% do total do orzamento necesario para a compra que ascende a 25.000 euros.

Tras a sinatura, o alcalde salientou a importancia da achega provincial porque, segundo explicou, “Vilasantar é un concello eminentemente rural e necesitamos a máquina para manter en bo estado os nosos camiños”.

O rexedor falou tamén de que a axuda da Deputación da Coruña é “fundamental” dada a situación económica pola que atravesan os concellos. “Poder ter agora unha nova máquina grazas ao apoio da institución provincial é unha moi boa noticia para nós, tendo en conta que doutro xeito non íamos poder renovar a nosa maquinaria”, concluíu Fernando Pérez.

12 de novembro de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.