publicidade hoxe

Salceda de Caselas organiza a III Aula aberta de micoloxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Dende a Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Cándido Lorenzo, vai a realizar o vindeiro Sábado 23 de Novembro a terceira edición das Xornadas Micolóxicas, que nos últimos anos se ven desenvolvendo en entornos naturais recuperados polo Concello coincidindo a actividade coa época de proliferación dos cogomelos.

A finalidade da “Aula aberta” é o achegamento ao mundo da micoloxía e os cogomelos, a diferenciación entre diferentes tipos de fungos e algunhas das súas particularidades, así como o recoñecemento daqueles exemplares de maior interese culinario e toxicolóxico.

Nesta edición o emplazamento elixido serán o Parque Etnográfico dos Muiños do Regueiro, parque recentemente recuperado mediante a rehabilitación de cinco muíños e a área recreativa.

A saída terá lugar a partir das 16:00h da tarde dende o Centro Cultural O Coto (Santo Estevo de Budiño) en dirección ao Parque Etnográfico, onde estarán expostos nos muiños as diferentes taxonomías de fungos e onde o experto micólogo Oscar Requejo se encargará da visita guiada.

Cándido Lorenzo, concelleiro de Medio Ambiente, asegura que Salceda está a dispor dunha amplia oferta de actividades orientadas cara o medio ambiente e rural, coa finalidade de que os veciños e veciñas do lugar poidan ter acceso información directa da importancia de determinados entornos así como da conservación e recuperación dos espazos, para evitar a súa degradación. A micoloxía é un mundo que cada vez acolle a un maior número de aficionados, polo que a información para que poidan diferenciar os fungos comestibles dos tóxicos é moi importante.

20 de novembro de 2013 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.