publicidade hoxe

Salceda de Caselas dona do seu fondo das Pagas Extras ao programa de alimentos e a plataforma de afectados polas preferentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O Goberno de Salceda de Caselas fai unha aportación do fondo da paga Extra de Nadal do ano 2012 que voluntariamente destinan para fins tan importantes e vitais como son os colectivos que agora mesmo están abordando unha laboura moi importante de cara a sociedade.

Problemáticas como a que están a sufrir os membros da Plataforma de Afectados polas Preferentes, onde os membros integrantes e defensores de causas tan xustas como é a recuperaación do100% dos seus aforros estean a ser sancionados e acusados de cometer diferentes delitos que se lles imputa, moitas veces inxustas xa qeu este colectivo está a defender o roubo que o banco lles viu realizando e que se están a manifestar en contra, exercendo o uso constitucional dos seus dereitos, e que teñen que facer fronte a un total de 15.820 € en concepto de sancións, o Goberno de Salceda de Caselas aportou do fondo da súa paga extra un total de 200€.

Por outro lado a Plataforma de Afectados pola Hipotecas de Salceda (PAH), que conta cun local de traballo cedido polo Concello, tamén está a recibir unha axuda para gastos en material da organización. O recoñecemento do traballo que están a desenvolver axudando a negociar as condicións hipotecarias aos veciños e veciñas de Salceda que están a atravesar graves problemas para poder chegar a fin de mes, e que ademáis están a pagar unha cláusulas abusivas, como a eliminación da cláusula suelo, loitando polo seu dereito a poder ter unha vivenda.

O Programa de Alimentos do Concello de Salceda, está a sufrir un problema arraigado á disminución de alimentos e o aumento das familias que demandan este servizo. Para favorecer as familias e incrementar os alimentos, ben imprescindible que as familias necesitan para poder sobrevivir, o Goberno de Salceda de Caselas, aposta porque este Nadal ningunha familia poida pasar fome. Polo que do fondo creado polas pagas extras do Alcalde e Concelleiros e Concelleiras da equipa de Goberno fixeron unha recente donación ao Programa de Alimentos de 614,50€.

Neste momentos tan traumáticos para moita da poboación que está a atravesar graves problemas económicos decidimos o Alcade e Concellerios e Concellerias do Goberno destinar as pagas extras do Nadal de 2012, para causas máis que xustificadas e de vital importancia para mellorar o benesta social e defender os dereitos da colectividade.

14 de novembro de 2013 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.