publicidade hoxe

Ponteceso aprobará o III Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

O Concello de Ponteceso aprobará o vindeiro luns o Plan Municipal de Igualdade entre homes e mulleres. Este plan, que vai xa na súa tereceira edición, con carácter cuatrianual, constitúese nun libro de boas prácticas a aplicar nas diversas áreas de traballo do Concello de Ponteceso, dende o Departamento de Cultura ata o Departamento de Administración.

Así mesmo, e con motivo do Día contra a violencia de xénero, o Concello de Ponteceso, celebrará este domingo unha xornada interxeneracional, na que presentaremos todos os traballos realizados nos últimos dous anos en materia de fomento da igualdade.

– Documenta. Traballo realizado por alumnas e alumnos da Escola Municipal da Terceira Idade, son protagonistas dun filme contando as súas costumes e como mudaron co paso do tempo.

– Spots publicitarios da igualdade. Os protagonistas son neste caso as alumnas e  alumnos do IES Ponteceso, que elaboraron diversos spots pola igualdade entre homes e mulleres.

– Maruxa a mariñeira. Traballo realizado por alumnas e alumnos de primaria do CEIP As Forcadas de Corme. Un libro no que se narra a vocación mariñeira dunha muller da Costa da Morte. O libro foi editado xa pola Deputación Provincial da Coruña e enviado a todos os centros da zona, para traballo didáctico co alumnado.

– Títeres pola igualdade. Representación de títeres co alumnado de infantil dos Colexios do Concello de Ponteceso.

O acto de presentación será este domingo 24 de novembro ás 16.30h no Salón de Actos do Edificio das Escolas, en fronte do IES Ponteceso.

20 de novembro de 2013 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.