publicidade hoxe

Actividades da Aula Cemit de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA

Actividades realizadas por videoconferencia  integradas no convenio asinado coa “Axencia de Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)”, e coa colaboración do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  para dar a posibilidade ós interesados que non se poidan desplazar a Santiago

SEMINARIO: “LINGUAXE LIBRE DE ESTATÍSTICA R”

DATA: xoves, 10 de outubro

HORARIO: mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 h

TEMÁTICA:  I Xornada de Usuarios R en Galicia nace co obxectivo de xuntar a toda a comunidade de usuarios de R nun mesmo foro, e coa intención de por en común as experiencias e os traballos que se están a realizar na nosa comunidade autónoma e, deste xeito, ter unha visión global das oportunidades e os campos de acción desta ferramenta e interactuar  cos profesionais que están a utilizala. (R é un software, multiplataforma, orixinalmente deseñado para a análise estatística e a realización de gráficos que, nestes intres, estase a utilizar en numeros campos relacionados, coa estatística xenómica, biomedicina, econometría, big data, etc.)

DESTINATARIOS: Investigadores, formadores, estatísticos e toda a poboación en xeral.

OBRADOIRO: “HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES”

DATA: martes, 15 de outubro

HORARIO: Mañá, de 10:00 a 14:00 h

TEMÁTICA: Concienciar á poboación da importancia de practicar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuíndo á prevención de enfermidades, así como adquirir habilidades para o autocoidado da saúde.

DESTINATARIOS: Pacientes, familiares e poboación en xeral.

CURSOS FORMATIVOS DESENVOLVIDOS POLA AULA CEMIT DO CONCELLO DE CELANOVA

CURSO: “INICIACIÓN A INFORMÁTICA. MÓDULO I”

Tipo de actividade: Curso básico de manipulación do ordenador dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías. Manipulación da computadora, introducción aos sistemas operativos, manexo dos periféricos, introducción a internet, escritura básica, programas básicos de interacción coa computadora, etc.

Destinatarios: Persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías e teñen moi pouco ou ningún coñecemento do manexo dun ordenador. (Acordado coa Asociación Amas de Casa Ilduara de Celanova)

Data: Dende o 9 de outubro ó 25 de outubro (mércores e venres)

Horario: Mañás, de 10:30 a 12:30 horas

Duración: 15 horas

Prazas: 10 plazas

CURSO: “ATOPA O QUE BUSCAS NA REDE”.

Tipo de actividade: Aprender trucos e recursos para realizar  as búsquedas de forma máis eficiente en internet, e así como realizar búsquedas con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os resultados

Destinatarios: Cidadanía en xeral que manexe Internet de modo básico. (Acordado coa Asociación Amas de Casa Ilduara de Celanova)

Data: Dende o 9 de outubro ó 23 de outubro (mércores e venres)

Horario: Tardes, de 16:30 a 18:30 horas)

Duración: 10 horas

Prazas:10

CURSO: “MANEXO DA CÁMARA DIXITAL”

Tipo de actividade: Explicar qué é unha cámara fotográfica dixital, identificar os distintos tipos de cámaras dixitais, identificar as ventaxas de ter unha cámara dixital respecto dunha convencional, descargar as fotografías e guardalas cunha boa resolución, etc.

Destinatarios: Dirixido a toda cidadanía en xeral  que cumpla os requisitos: “Utilizar, a nivel básico (mínimo) un ordenador e dispor preferentemente de algún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto dun teléfono móvil con cámara.

Data: Xoves, 17 de outubro

Horario: Mañá e tarde, de 10:00 a 13:00 e de 16:00h a 18:00h

Duración: 5 horas

CURSO: “APRENDE A RETOCAR AS TÚAS FOTOGRAFÍAS CO GIMP”

Tipo de actividade: Curso multimedia de retoque fotográfico.

Data: Tardes, do 22 ó 29 de outubro

Horario: De 18:00 a 20:00 horas

Número de horas: 8 horas

Destinatarios: Persoas interesas na fotografía dixital e queiran profundizar na aprendizaxe utilizando software libre

CURSO: “ELABORA O TEU C.V.”

Tipo de actividade: Elaborar o curriculum vitae adaptando á situación de cada persoa, identificar os distintos tipos de curriculum, así como coñecer as recomendacións para a súa redacción e presentación.

Destinatarios: Poboación en xeral que sepa utilizar a nivel básico un ordenador, incluída a navegación por Internet, o uso do correo electrónico e saiba manexar un programa de edición de texto.

Data: 30 e 31 de outubro

Horario: 10:00 a 13:00 horas

Duración: 6 horas

 Aula aberta

Ademais destas actividades, a aula permanece aberta de luns a venres en horario de mañá e tarte co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan acceder a ela de forma libre e gratuíta, para o uso dos ordenadores e internet, sempre e cando non haxa unha actividade programada coma as anteriormente descritas.

Requisitos: Darse de alta como usuario da aula e se o posible usuario é menor de idade, autorización dos pais ou titores legais.

3 de outubro de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.