publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Mostra de Teatro de Outono de Laxe vive a súa terceira actuación da man da compañía Bandullo Azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLaxe
A-
A+

Este domingo, 27 de outubro, terá lugar a terceira das 6 actuacións que este ano, compoñen a Mostra de Teatro de Outono do Concello de Laxe, organizada polo mesmo concello e a Asociación Municipal Folerpas Teatro, grazas ás colaboracións tamén da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

A compañía Bandullo Azul achegarase ata Laxe o próximo domingo quen, contándonos “A verdadeira historia de Robinson Crusoe”, sembrará de seguro o humor no Salón de Actos Muncipal ás 19 horas (pola hora nova xa que esta fin de semana, lembra, retrasamos unha hora), coma vén sendo habitual en todas as representacións deste ano. Aseguran que nos farán rir, pois ese é un dos grandes obxectivos da compañía.

A compañía Bandullo Azul está formada por dous actores, Fran Ameixeiras e Fran Campos que contan na súa dirección cun dos mellores cómicos para eles coma o é Evaristo Calvo, membro da coñecida compañía Mofa e Befa.

Baseándose na coñecida historia de Robinson Crusoe, esta comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día de Robinson Crusoe co seu compañeiro e amigo salvaxe e ignorante, Venres, ao que pouco a pouco intentará civilizar. Pero este último resistirase e amosaralle a Robinson o importante que é ser libre, deixarse levar polo xogo, a diversión, a contemplación…

En definitiva, unha chea de situacións onde o enfrontamento entre dous mundos e xeitos de ver a vida, faranos rir e reflexionar ao mesmo tempo sobre o realmente importante e necesario para vivir.

25 de outubro de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.