publicidade hoxe

A escola de gaitas inicia o novo curso en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

O Concello de Bande pon en marcha o novo da Escola de Gaitas en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas de Ourense, dependente da Deputación Provincial. Aparte do ensino de gaita e percusión (a partir de 6 anos), vanse impartir clases de canto e pandeireta (a partir de 4 anos).

Ao acto de presentación vai ter lugar este sábado día 5 de outubro ás 12:00h. no salón de actos do concello. A el asistirán D. Xosé Lois Foxo, director e fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e Dna. María José López Salgado, 2ª tenente de alcalde no Concello de Bande. Durante o acto de presentación Marco Foxo interpretará unha peza, composta por el, que leva por título “Bals de Bande”, unha achega ao patrimonio cultural deste concello.

Cristina Pumar Rico e Marco Foxo serán os profesores ao fronte desta nova etapa. As clases serán gratuítas, os sábados, a partir do día 5 de outubro, na casa do concello en horario de 12:00h. a 13:30h.

3 de outubro de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.