publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Piñor continúa co servizo de atención psicolóxica no departamento de servizos sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

En decembro de 2010 comezábase con este proxecto totalmente innovador denomidado SAP ou “Servizo de Atención Psicoeducativa”, ofrecendo intervención psicolóxica infantil. Dende o ano 2012 e debido á situación de crise actual e ó auxe de diversas problemáticas persoais e familiares, dende o Concello de Piñor considerouse preciso abrir este SAP á poboación xeral, tratando así non soamente as dificultades dos cativos senón tamén a adultos e persoas maiores. Por medio da psicóloga municipal, dentro do Programa de Educación Familiar, no concello lévase ofrecendo apoio psicosocial e intervención familiar dende o ano 2006, atendendo a unha media de 15 familias por ano. Nos tempos nos que estamos, de recortes sociais moi importantes e de aumento do número de familias con problemas laborais, económicos, etc, cobra cada vez máis importancia a necesidade de prestar ós nosos veciños e veciñas toda a axuda e apoio posible. Casos de depresión, ansiedade, estrés laboral, divorcios, duelos…están a producir consecuencias negativas a nivel psicolóxico e moitas veces incluso físico, que non soamente repercuten no propio individuo senón que, de non tratalo a tempo acabará por prexudicar ó resto de membros da familia.

O Servizo de Atención Psicolóxica (SAP),  funciona os martes e xoves de 9:00h a 11:00h, con cita previa, ofrecendo intervención psicolóxica xeral á poboación. A idea é axudar a persoas con dificultades puntuais ou trastornos psicolóxicos e que precisan dunha intervención terapéutica e dun apoio psicolóxico xeral, que dende o concello queremos brindar a tódolos veciños/as.

No que se refire ó colectivo infantil, a intervención destinarase a casos como:

-  Trastornos de conduta

-  Control de esfínteres

-  Retrasos na linguaxe

-  Déficit de atención e hiperactividade

-  Autonomía e hábitos diarios

-  Psicomotricidade ( problemas na escritura)

-  Atención psicolóxica xeral (procesos de duelo, divorcios, alteracións no estado de ánimo…)

En canto ó resto de colectivos poboacionais, ofrécese un servizo xeral e completo de atención psicolóxica e apoio en situacións de dificultade como:

- Depresión e ansiedade.

- Control do estrés (laboral, económico, problemática   familiar ou de parella…)

- Apoio psicolóxico (procesos de duelo, divorcio…)

- Autoestima, motivación, habilidade sociais..

- Terapia individual para deixar de fumar

Con elo, toda persoa que precise deste servizo pode comunicalo en Servizos Sociais, onde se lle facilitará toda a información pertinente.

Destacar que o SAP xorde das Concellarías de Benestar e de Sanidade do Concello de Piñor, coordinadas para traballar en prol da mellora da calidade de vida e saúde da poboación. Neste eido, destacar que esta corporación local ten un compromiso coa saúde pública:

- No ano 2012 asínase o convenio coa Xunta de Galicia para formar parte da rede Galicia Saudable.

- Dende o ano 2008 ó 2010 levouse a cabo o proxecto Concellos Saudables con outros municipios da comarca, traballando en prol da alimentación saudable e a promoción da actividade física.

- Dende o ano 2009 o concello conta cun programa terapéutico gratuito para deixar de fumar.

- O concello potencia a realización de actividade física mediante a oferta de iniciativas como: clases de ximnasia de mantemento, natación, bailes latinos…

27 de setembro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.